Un merlo toca unha gaita

jueves, 23 de diciembre de 2010

| | |

Un merlo toca unha gaita

e converte en alegría

moitas penas, moitos laios

coa cor da melodía.

Unha cor case amarela

verde – azul – melancolía

¡ai, que arrecendo dourado

pousan as notas no día!

¡Que ben que toca ese merlo!

¡Que ben o son que asubía!

¡Que leda que soa a gaita!

¡Que quentor na area fría!
Con la tecnología de Blogger.